Close
Bocadillos, hamburguesas e sándwiches. Mais que pizza.

Bocadillos, hamburguesas e sándwiches. Mais que pizza.

En A Casa do Gato (Lalín) somos coñecidos polas nosas pizzas artesanais, pero ofrecemos moito mais na nosa carta diaria. Bocadillos, hamburguesas e sándwiches ocupan un oco moi importante na nosa elaboración diaria. Todos eles co mellor pan do mundo, o de Lalín.

En bocadillos temos os clásicos de sempre como peituga de polo, xamón serrano ou os fríos de toda a vida (chourizo, salchichón e queixo). Ademais, contamos cun bocadillo de chourizo de Lalín e de raxo. Os dous para facer honra aos productos da nosa terra.

En canto as hamburguesas, dispoñemos de hamburguesa con queixo e hamburguesa completa. Pero nos próximos meses imos incorporar á nosa carta unha nova hamburguesa, a hamburguesa de Polo á Broaster. Deliciosa! E por último, os sándwiches cos que contamos son o vexetal e o de xamón e queixo.

Non te quedes en que somos so unha pizzería. Ven a probar todo o que temos na carta!

IR ARRIBA