Close
A CASA DO GATO MAIS SOLIDARIA

A CASA DO GATO MAIS SOLIDARIA

Dende fai uns anos entendemos que dende a nosa “posición” de negocio local de hostelería en Lalín temos que dar exemplo e axudar a certas asociacións, contribuíndo así a axudar aos mais desfavorecidos. Aportamos o noso graniño de área co fin de conseguir unha sonrisa. Actualmente colaboramos con tres asociacións a nivel local e nacional: Cáritas Lalín, Unicef, e Aladina.

  • Cáritas Lalín: Sempre pendentes dos habitantes da nosa zona para facerlles chegar todo aquelo que precisan como roupa ou comida. Fan unha labor solidaria e desinteresada.
  • Unicef: É a axencia das Nacións Unidas que traballa para defender os dereitos da infancia e conseguir cambios reais e duradeiros na vida de millóns de nenos. Na Casa do Gato sempre pensamos que hai que estar cos mais débiles.
  • Fundación Aladina: É unha entidade española que ten como obxetivo axudar aos nenos e adolescentes enfermos de cancro e as suas familias. Fundouse no ano 2005 e a sua figura xurídica é de fundación sen ánimo de lucro.

En todas elas facemos unha pequeña aportación a nivel mensual ou anual. Estamos moi contentos de poder axudar a estas tres organizacións por pequeno que sexa o noso importe.

IR ARRIBA