Close
Coñeces as propiedades curativas do orégano?

Coñeces as propiedades curativas do orégano?

OréganoOriganum vulgare, é unha planta mediciñal e aromática cun olor moi agradable e característico fácilmente recoñecible cando se usa en receitas de cociña. As pizzas de A Casa do Gato sempre levan este condimento. ¡Nunca falla! Pero, coñeces as súas propiedades curativas? Imaxínate estar comendo unha pizza e saboreando prantas medicinais ao mesmo tempo. Pois isto pasa no noso restaurante, en Lalin.

A planta do orégano posee flavonoides, taninos, ácidos fenólicos, aceite esencial (carvacrol, timol, origaneno). Dentro da acción medicinal do orégano podemos resaltar que é antiálgico, dixestivo, antidiabético, anticatarral, vermífugo, antiséptico, carminativo, antitusivo e béquico, emenagogo, antiinflamatorio, estroxénico, tónico, antioxidante e expectorante.

En xeral, o orégano é unha planta mediciñal moi beneficiosa para afeccións do aparello respiratorio debido ao seu efecto antiinflamatorio, analxésico e antiséptico. Tamén estimula a circulación da sangue tanto utilizado de forma externa como interna. Se tes problemas de gases e flatulencias, ademais de que o orégano contribúe a previlo, axúdache a eliminalos e aliviar as suas molestias.

Por outra parte, alivia os casos de tos e mellora os casos de retención de líquidos. Ademais, se tes dores menstruais ou síndrome premenstrual, o orégano será moi bo para ti. Por último, o orégano pode contribuir a reducir os niveis de glucosa ou azúcar en sangue en persoas con diabetes.

IR ARRIBA