Close
Coñeces a historia da pizza?

Coñeces a historia da pizza?

A pizza, ese prato que nos encanta e que comeríamos a todas horas. Con esa carne sabrosa, ese tomate delicioso, a mozzarella auténtica ou incluso a piña para aquela parte da población. Hoxe en día podemos comela cando queiramos xa que so temos que levantar o teléfono e A Casa do Gato lévacha a onde queiras. Pero, coñeces o seu orixe?

Tendo en conta que tomate chegou a terras europeas no século XVI e ata finais da XVII a poboación non o aceptou como un alimento, o nacemento da pizza mais básica formada por masa de pan, queixo e salsa de tomate non puido existir ata antes do século XVII. Moi probablemente en Italia e na cidade de Nápoles.

Pobos antigos como o griego preparaban pans planos. Masas de cereais de diferentes tamaño extendidas como se dunha pizza se tratase e as que lle engadían diferentes ingredientes.

Dise tamén que os soldados persas na época do tercer rei da dinastía aqueménida de Persia, Darío I el Grande, alimentábanse dun pan plano. Neste fundíase queixo e añadíanse dátiles. De feito, nas ruinas de Pompeya, a cidade da Antiga Roma que quedou arrasada pola erupción do Vesubio, atopouse un pan redondo cortado en oito porcións que nos recorda á pizza.

Despois de tanto tempo, a pizza comezaría a extenderse por Italia. Os napolitanos, coa sua migración, levárona consigo a outras partes do planeta. E a clase aristocrática, terminou e popularizala. Así, pouco antes da II Guerra Mundial, a pizza pasaría de ser considerada unha preparación rexional do entorno de Nápoles a un plato nacional do conxunto de Italia.

IR ARRIBA