Close
OS NOSOS MENÚS DE PLATO ÚNICO

OS NOSOS MENÚS DE PLATO ÚNICO

En A Casa do Gato pensamos en ti toda a semana, sabemos o difícil que é pensar o que hai que comer cada día e tamén coñecemos ben a pereza de poñernos coas “mans na cociña”. Por iso de martes a venres temos varios menús de plato único que os servimos en horario de 13.00 a 15.30 horas no noso local ou a domicilio.

A continuación explicámosche todos os que temos para que vaias escollendo:

  • Tres pezas de polo con patacas: o noso polo á Broaster moi ben acompañado. Non poderás resistirte ao seu sabor crujiente!
  • Pizza individual con dous ingredientes a escoller: por suposto a base de tomate, mozzarela e orégano sempre estarán presentes e despois podes engadirlle o que queiras: champiñóns, xamón, tomate, piña, atún… o que queiras!
  • Sartén a escoller: temos varias sarténs como a de zorza (con patacas e ovo), a de bacon, a de cheese fries, etc…
  • Cociña: este menú formámolo coa tapa que coincida do día, que pode ser macarróns, arroz, potaxe, etc…

Xa o tes claro? So tes que chamarnos ao 986 79 20 90 para reservar mesa ou para que cho levemos a domicilio. Ti escolles!

IR ARRIBA