Close
Pizza con piña ou sen piña?

Pizza con piña ou sen piña?

Sam Panopoulos, así se chamaba o inventor da pizza con piña. Algúns desearedes facerlle un monumento e outros odiaredes a “aberración” que fixo. Sen dúbida, esta pizza ten tantos amantes como detractores. Trátase dun invento dun griego afincado en Canadá que enamorou a medio mundo e indignou ao outro medio.

Curiosamente, tal e como explica o protagonista desta historia, o seu primeiro contacto coa pizza tivo lugar nun viaxe en barco a Nápoles. Tras esta visita, o señor Panopoulos regresou ao seu restaurante convencido para lanzarse coas suas propias creacións. Veu que a mestura de salgado con doce estaba tendo bastante éxito e comezou a mesturar a piña na pizza.

Concretamente no ano 1962 abreu unha lata de piña, secouna e lanzou uns cuantos trozos da froita na pizza que acababa de facer. A el gustoulle de inmediato polo que comezou a promocionala rápidamente.

E hoxe en día podes probala en A Casa do Gato en varias pizzas. Falamos da pizza Tropical, da Esquisiten ou da Saludable. E todas elas teñen os seus amantes.

IR ARRIBA